Resultado do sorteo de dúas entradas para o concerto de SON de SEU deste vindeiro sábado:
Os gañadores das entradas foron Nuria Gómez e Alba Torrón. Exerceron como testemuñas e mans inocentes Brais Abuín e José López. Gracias e Noraboa.
Haberá mais sorteos ó longo deste curso. Sorte a todos.

Disco do Mes. Último traballo discográfico de SON DE SEU. E este sábado, poderedes desfrutar do concerto en directo no Gustavo Freire en Lugo.

Sorteo de dúas entradas para o concerto da OFG SON DE SEU en Lugo.
Auditorio Municipal Gustavo Freire, 15 de Marzo ás 20.30
Sortearánse dúas entradas para asistir ó concerto entre todos os alumnos de Nova Escola, aula de música rexistrados como seguidores do Blog da Escola. O sorteo realizaráse o vindeiro Xoves 13 de Marzo. Os gañadores aparecerán no Blog da Escola.
Participade!!! É un concerto imprescindible!!!

Presentación do seu novo disco"Danzas brancas"
Coa edición do seu cuarto disco,'Danzas Brancas',Sondeseu confirma a consolidación dun proxecto no que espectáculo e virtuosismo ca-miñan da man.
Froito dunha experiencia didáctica levada a cabo no Departamento de Música Tradicional e Folk da Escola da Artes e Oficios de Vigo (actual ETRAD), nace Sondeseu como a primeira orquesta esta-ble de Europa con repertorio folk: unha formación de corenta músicos que interpretan música tradicional de Galicia arranxada especificamente para una ampla variedade de instrumentos: zanfonas, arpas, gaitas, voces, percusións, violíns, bouzoukis, contrabaixo e requintas.
A súa irrupción no panorama folk, na edición de 2004 do Festival do Mundo Celta de Ortigueira, foi refrendada por unha enorme aceptación entre os públicos más heteroxé-neos, tanto de España como de Europa. A combinación de instrumentos tradicionais e outros procedentes do folk dá lugar a un timbre único, tan característico desta formación como a enerxía que se desprende do escenario e que, invariablemente, acaba contaxiando á audiencia.
Ademáis de Ortigueira, cómpre destacar no seu currículo os concertos no CeltFest de Cork (Irlanda, 2005 e 2006), no festival Etnohelmántica (Salamanca), Helsinki Music Centre, Intercéltico de Lorient (Bretaña, 2006 e 2009), Expo-Zaragoza 2008, Celtica Aosta ou Teatro Circo Price.
Sondeseu encabezou entre 2010 e 2012 o Proxecto ENFO (siglas en inglés da Rede Europea de Orquestas Folk). Auspiciado pola Axen-cia Europea para a Educación e a Cultura (EACEA) e orientado á constitución en Europa de novas orquestras de música folk, este programa levou á formación a Italia e Finlandia.
En decembro de 2013 Sondeseu Orquestra Folk de Galicia levou a cabo en Vigo presentación do álbum Danzas Brancas, o seu cuarto traballo discográfico.
Sondeseu Orquestra Folk de Galicia está dirixida por:
Rodrigo Romaní. Director executivo de Sonde-seu Orquestra Folk de Galicia. Dirixe a sección de arpas. Fundador e ex-compoñente de Milladoiro, fundador e direc-or da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, ETRAD, onde imparte clase de Arpa e de Historia da Música Galega. Ten colabo-rado con nomes como The Chieftains, Alan Stivell, Paul Winter, Liam O'Flynn, Bill Whelan, a Real Filharmonía de Galicia, a Orquesta de Cámara Reina Sofía ou a Orquestra Sinfónica de Galicia. Foi coordinador do Arquivo Sonoro de Galicia e membro da sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega. Foi produtor de Susana Seivane e Treixadura. Ten dezaseis discos publicados con Milladoiro e vén de presentar As Arpas de Breogán, o seu terceiro trabajo en solitario.
Anxo Pintos. Director da sección de zanfonas. Músico, compositor e profesor. Cofundador do grupo Matto Congrio, co que gravou o seu único traballo en 1991, así como de Berrogüetto, con quen leva gravados cinco discos e recibido numerosos premios e distincións, entre as que destacan o premio ao mellor grupo folk europeo (1997), o Premio da Crítica en Alemaña, o premio á mellor banda sonora pola película A Rosa de Pedra e unha nominación aos Grammy Latinos. Compositor de numerosas pezas instrumentais, a día de hoxe alterna o seu labor en Berrogüetto e Sondeseu co de profesor de zanfona na ETRAD.
Xosé Liz. Coordinador das seccións de Requintas e Bouzoukis. Profesor de Requinta e Frauta e de Corda Pulsada na ETRAD. Fundador dos grupos Salterium, Beladona e Aran. Actualmente é membro de: Riobó, Lizgairo, Ardentía, Entretrastes e Anxo Lorenzo Grupo. Ten colaborado con músicos como Uxía Senlle, en las presentaciones del álbum “Danza das areias”, ou Rodrigo Romaní, co espectáculo audio-visual adicado a Antón Avilés de Taramancos. Participou na gravación de máis de vinte álbumes no panorama folk galego (Susana Seivane, Suso Vaamonde, Cristina Pato…) e internacional, ademáis da gravación da banda sonora de diversas películas, como O Lápis do Carpinteiro e Días de voda.
Alfonso Franco. Responsable da sección de violíns. Posúe o título profesional de violín e conta con es-tudos de postgrao en Música Tradicional pola Uni-versidade de Santiago de Compostela. Participou en numerosos cursos en Europa e Norteamérica. É membro da American String Teacher Asociation. Presentou relatorios e obradoiros de violín tradicional galego en Francia, Canadá, EE.UU. e Escocia. Profesor de Violín Folk na ETRAD, a nivel escénico é compoñente do trío Bulla Timpánica e do cuarteto Ancestral. É presidente da asociación Galicia Fiddle.
Francisco Javier Feijoó, “Chisco”. Director da sección de canto da Orquestra. Profesor de Canto Popular da ETRAD. Fundador, compoñente e director ata 2008 do grupo artístico de a A.C.F. O Fiadeiro, co cal desenvolveu un amplo traballo de campo, recollendo músicas, bailes e cantares tradicionais por toda a xeografía galega. Foi director do grupo de acompañamento da agrupación folclórica Lembranzas Galegas, e membro dos grupos folk Trisquel e Trebón. Entre as súas colaboracións con outros músicos cabe citar a Rodrigo Romaní, Quempallou, Lizgairo, Mercedes Peón, ou Xosé Manuel Budiño, de cuxo grupo forma parte. Foi presentador da sección adicada a música e baile tradicional do programa Luar, da TVG. Dirixe as seccións de canto do grupo artístico de O Fiadeiro.
Xaquín Xesteira. Director das seccións de percusións e gaitas. Presidente da Fundación Sondeseu. Cursou estudos de gaita no Conservatorio Su-perior de Música de Vigo. Colaborou con Mi-lladoiro, Na Lúa, Fuxan os Ventos, Rodrigo Romaní ou Malvela. En 2007 publicou o seu Método de Gaita Galega en formato libro-cd. Profesor de gaita e percusión do Departamento de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo, na actualidade é profesor de gaita na ETRAD e membro dos grupos de gai-as Os Faíscas de Solobeira e Treixadura.

Sorteo de dúas entradas para o concerto da OFG SON DE SEU en Lugo.
Auditorio Municipal Gustavo Freire, 15 de Marzo ás 20.30
Sortearánse dúas entradas para asistir ó concerto entre todos os alumnos de Nova Escola, aula de música rexistrados como seguidores do Blog da Escola. O sorteo realizaráse o vindeiro Xoves 13 de Marzo. Os gañadores aparecerán no Blog da Escola.
Participade!!! É un concerto imprescindible!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)